Amoeiro acolle esta tarde unha Exhibición de Baile no Pavillón Municipal

OurenseXa
O evento reunirá grupos das distintas parroquias e asociacións do municipio, con entrada aberta ao público
exhibicion-de-baile-amoeiro
11 Jun 2026

Amoeiro celebra este xoves 11 de xuño de 2026 unha nova edición da Exhibición de Baile, unha actividade que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes a partir das 20:00 horas e que reunirá alumnado procedente de diferentes parroquias do municipio.

Na exhibición participarán os grupos de baile de Parada de Amoeiro, Loureiro, Fontefría, Bóveda, A Bergueira e Amoeiro, nunha proposta que busca poñer en valor o traballo realizado ao longo do ano nas distintas actividades formativas.

O evento contará ademais coa colaboración da Asociación de Veciños do Couto, do Centro Sociocomunitario Pontepelamios e da Asociación Veciñal Quince de Agosto (Reza), que contribúen á organización e ao desenvolvemento da actividade.

As clases están dirixidas polas profesoras Andrea Araujo Passanisi e Eva Moreno, responsables da coordinación dos diferentes grupos participantes.

Ao remate da exhibición, está prevista unha sesión de ioga con exercicios de relaxación e estiramentos aberta ao público asistente. As persoas interesadas en participar nesta actividade poderán facelo sempre que leven a súa propia esterilla.

0.12574601173401