Amoeiro celebra a Noite do Teatro con tres propostas escénicas no Campo do Souto

OurenseXa
A cita terá lugar este martes 11 de agosto ás 21.00 horas dentro da programación festiva do municipio
noite-do-teatro-amoeiro
11 Aug 2026

A programación festiva de Amoeiro incluirá este martes 11 de agosto unha nova edición da 'Noite do Teatro', unha cita que reunirá diferentes propostas escénicas no Campo do Souto.

A velada comezará ás 21.00 horas e contará coa representación de 'e-Mérito', dirixida por Andrés RC Yáñez. A programación completarase cunha proposta de humor e clown a cargo de 'Isla LeTriska' e coa actuación de 'The Sastre Teatro'.

A 'Noite do Teatro' forma parte así da programación festiva de Amoeiro e ofrecerá ao público unha noite dedicada ás artes escénicas, con propostas de diferentes estilos.

0.13230109214783