Amoeiro celebra o “Día Máxico de Galicia” cunha noite dedicada ao eclipse e ás Perseidas

Amoeiro celebrará este mércores pola noite o “Día Máxico de Galicia”, unha xornada especial que terá como protagonistas a observación do eclipse solar e das Perseidas.
As actividades desenvolveranse no Campo do Souto a partir das 20.00 horas e incluirán diferentes propostas para o público asistente. A programación contará con música en directo, unha actuación da batukada infantil do CEIP Amoeiro e unha gran chourizada.
A partir das 21.00 horas terá lugar unha sesión de cine ao aire libre coa proxección da película Padre no hay más que uno 5, dirixida por Santiago Segura e destinada a todos os públicos.
A xornada rematará coa elaboración e degustación dunha gran queimada entre as persoas asistentes, completando así unha programación que combinará a observación dos fenómenos astronómicos con actividades culturais, musicais e gastronómicas.
O “Día Máxico de Galicia” está organizado pola Comisión de Festas de Amoeiro 2026 coa colaboración do Concello de Amoeiro, da Escola de Batukada Infantil e do CEIP Amoeiro.