Amoeiro celebrará o 16 de maio a terceira edición da Festa do Porco ao Espeto

Amoeiro celebrará o vindeiro 16 de maio de 2026 unha nova edición da Festa do Porco ao Espeto, que terá lugar no Campo do Souto a partir das 14.00 horas. O evento chega á súa terceira edición e contará cun menú degustación composto por empanada, porco ao espeto, pan, bica e café.
O importe da reserva é de 19 euros por persoa e os internesados en asistir poderán adquirir as súas entradas nas oficinas municipais ata o 12 de maio ou ata que se complete o aforo dispoñible. A venda de billetes realizarase de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas e o pagamento poderá facerse en efectivo calquera día da semana ou con tarxeta bancaria os luns.