Amoeiro inaugura o novo terreo de xogo do campo da Penafita

OurenseXa
A nova superficie permitirá un uso máis continuado das instalacións ao longo de todo o ano e facilitará tanto a celebración de partidos como os adestramentos de fútbol once e fútbol oito
penalfita-amoeiro
29 Dec 2025

O campo de fútbol da Penafita conta xa cun novo terreo de xogo tras a instalación de céspede artificial, unha actuación que foi inaugurada esta tarde nun acto ao que asistiu o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

Durante a visita, Luis Menor puxo en valor o apoio da Deputación á mellora das infraestruturas deportivas da provincia. A actuación realizouse ao abeiro dun convenio entre o Concello de Amoeiro e a Deputación de Ourense, que asumiu a maior parte do investimento, superior aos 427.000 euros, mentres que o Concello achegou arredor de 47.500 euros.

A nova superficie permitirá un uso máis continuado das instalacións ao longo de todo o ano e facilitará tanto a celebración de partidos como os adestramentos de fútbol once e fútbol oito. A xornada de estrea completouse coa disputa de dous encontros amigables.

⚙ Configurar cookies
0.084716796875