Amoeiro mantén aberta a matrícula para o curso 2026/2027 na Casa Niño "Os Poliños"

A Casa Niño "Os Poliños", situada na antiga Escola de Parada, no concello de Amoeiro, mantén aberto o prazo de matrícula para o curso 2026/2027.
O centro conta actualmente con dúas prazas dispoñibles, cuxa incorporación está prevista para o vindeiro mes de setembro.
O servizo ofrece atención personalizada en horario de 8:00 a 16:00 horas de forma gratuíta, garantindo a cobertura das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso dos nenos e nenas, adaptadas á súa idade, nun contorno rural.
As familias usuarias deberán achegar o material necesario para o correcto desenvolvemento da hixiene, a alimentación e o descanso dos menores. A convocatoria está dirixida a nenos e nenas nados a partir do ano 2024.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a matrícula contactando previamente no teléfono 697 364 562, a través da responsable do servizo, Cecilia. Tamén é posible realizar os trámites de forma presencial nas dependencias do Concello de Amoeiro, situadas na rúa Castor Sánchez Martínez, número 6, ou por vía telemática mediante o correo electrónico casaninoospolinos@gmail.com.