Amoeiro presenta o programa da IV Festa da Xuventude

OurenseXa
A IV Festa da Xuventude de Amoeiro terá lugar o vindeiro sábado 13 de abril
festa_xuventude_amoeiro
Festa da Xuventude de Amoeiro
6 abr 2024
A Comisión de Festas de Parada de Amoeiro, en colaboración co Concello de Amoeiro, organiza, un ano máis, a Festa da Xuventude de Amoeiro, que celebra este 2024 a súa quinta edición.
A cita terá lugar o vindeiro 13 de abril a partir das 22.30 horas da noite no Campo da festa de Amoeiro.
Os encargados de poñer a música nesta edición serán o grupo revelación Origen e o DJ Marcos Kintana.