Amoeiro suma unha veciña centenaria

Amoeiro sumou a finais deste pasado pasado mes de abril unha veciña centenaria. Trátase de Dona Concepción Durán, veciña de Burguete, na parroquia de Parada de Amoeiro, que cumpriu o pasado xoves, 23 de abril, 100 anos de vida.
Con motivo desta destacada efeméride, desde o Concello de Amoeiro trasladouse á homenaxeada unha felicitación especial polo seu centenario, nunha data que consideran de grande relevancia para a comunidade. Ademais, desde o consistorio quixeron poñer en valor o orgullo que supón “unha vida tan extensa e plena”, especialmente “rodeada do afecto e a compañía dos seus fillos: Julia, Concepción e Sergio”.
A institución municipal subliña tamén que esta celebración representa “un testemuño excepcional de lonxevidade e dedicación familiar que merece o recoñecemento de toda a nosa comunidade”.