Ana Meilán leva á Biblioteca Municipal de San Francisco o contacontos “Un universo na túa maleta”

OurenseXa
O espectáculo, dirixido á cativada, terá lugar este luns pola mañá
biblioteca-recurso
15 Aug 2026

A Biblioteca Municipal de San Francisco acollerá unha nova actividade do ciclo de contacontos para a cativada que se desenvolve este verán nas bibliotecas municipais de Ourense. A proposta estará protagonizada por Ana Meilán, que representará “Un universo na túa maleta”.

Esta programación está organizada polo Concello de Ourense en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia e ten como escenario diferentes bibliotecas municipais durante os meses de verán.

As actividades dispoñen de prazas limitadas, polo que é necesario realizar unha inscrición previa. As persoas interesadas poden formalizala presencialmente nas propias bibliotecas ou por teléfono.

O ciclo continuará o venres 21 na Biblioteca Municipal da Carballeira, onde Manuel Solla presentará “Iguais e diferentes”. A seguinte cita será o mércores 26 na Biblioteca Municipal da Ponte, con “Cantos e contos de foresta”, a cargo de Galerna Crúa.

0.13618493080139