Ana Méndez substituirá a Victoria Núñez á fronte da xestora local do PP en Ourense

OurenseXa
A actual presidenta renuncia ao cargo por motivos persoais
ana-mendez-gil
16 Apr 2025

A concelleira e portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense, Ana Méndez, asumirá en próximas datas a presidencia da xestora local do PP, logo da renuncia da ata agora presidenta Victoria Núñez por motivos persoais que lle impiden, explicou, “exercer toda a dedicación e traballo que require esta responsabilidade”.

A dirección do Partido Popular de Ourense, que agradece o labor desenvolvido por Victoria Núñez, sinala que co nomeamento de Ana Méndez avánzase na simplificación da estrutura da xestora local do PP ao tempo que se mantén o labor político e de xestión dos populares no ámbito da cidade.

Méndez Gil (Ourense, 1976) tamén asumiu o pasado 10 de xaneiro as funcións de portavoz do grupo municipal. Foi a número dous da lista do Partido Popular na cidade de Ourense nas eleccións locais de maio de 2023. Ademais de concelleira, Méndez é na actualidade a directora xerente de Galicia Calidade.

⚙ Configurar cookies
0.16739010810852