Aplazada a setembro a conversa sobre Curros Enríquez e Guerra Junqueiro na Casa dos Poetas

OurenseXa
A actividade, prevista para o 17 de xullo, cambia de data e celebrarase despois do verán
conversas-curros-enriquez-aprazadas
16 Jul 2026

A conversa arredor de Manuel Curros Enríquez e Guerra Junqueiro, prevista inicialmente para este venres 17 de xullo na Casa dos Poetas, queda aprazada e celebrarase finalmente no mes de setembro.

O encontro ía contar coa participación dos autores da publicación Curros e 'Junqueiro. A liberdade e o espírito', que tiñan previsto afondar nos puntos en común entre ambos os escritores e nas traducións ao castelán que Curros Enríquez publicou de poemas do autor portugués.

A actividade estaba programada para as 20:00 horas e, ao remate, os asistentes ían ser convidados a un viño. A nova data celebrarase no mes de setembro, aínda que polo momento non foi concretada.

0.13427591323853