APMOU e o Concello de Barbadás avanzan no compromiso co benestar animal

OurenseXa
Os membros da Asociación de Propietarias de Mascotas de Ourense impartiron unha charla sobre a Lei de Protección dos Dereitos e Benestar dos Animais no espazo infantil de Barbadás
charla-apmou-barbadas
APMOU
24 Jan 2025

Este mércores, o espazo infantil de Barbadás acolleu unha charla sobre a Lei de Protección dos Dereitos e Benestar dos Animais (LPDBA), organizada pola Asociación de Propietarias/os de Mascotas de Ourense (APMOU) en colaboración co Concello. As poñentes, Carmen Eiró, Fiscal de Medio Ambiente, e Aline Castro, avogada especialista, trataron casos prácticos e aclararon dúbidas de máis de 30 asistentes, entre eles membros da Policía Local, Protección Civil, Seprona e asociacións animalistas como ALMA e Vibrisas.

O concelleiro Dani Rey salientou o valor destas accións para impulsar o programa CER e a xestión de colonias felinas, mentres que a Tenente de Alcalde, Victoria Morenza, destacou o esforzo do Concello por situarse como referente en benestar animal. O Alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a colaboración desinteresada do voluntariado e das poñentes, reforzando o compromiso de Barbadás coa protección animal.

0.19246506690979