Arde Bogotá aterriza esta noite no Ouren Sound Fest

OurenseXa
A novena edición do Ouren Sound Fest arranca oficialmente este venres, 24 de maio, coas actuacións de Arde Bogotá, The Rapants e Fillas de Cassandra, entre outros artistas
ourensound_2023
Ouren Sound 2023
24 Maio 2024

A novena edición do Ouren Sound Fest chega por fin ao complexo deportivo de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar, abandonando o seu local tradicional de Bemposta.

Na xornada deste venres, 24 de maio, a música estará a cargo de artistas como Shego, The Rapants, Grande Amore ou Fillas de Cassandra, entre outros artistas. O prato forte espérase pasadas as 23.00 horas cando o grupo murciano Arde Bogotá, un dos máis relevantes no panaroma musical do noso país, sairá ao escenario para cantar os seus mellores temas.

Desde a organización do festival lembran que o cambio do recinto non debería suponer ningún problema para os asistentes xa que atópase prácticamente a mesma distancia do centro da cidade que o recinto anterior. Ademáis, os asistentes ao festival poderán utilizar os buses lanzadeira que proporciona o propio festival e que sairán cada media hora do Parque de San Lázaro.

0.18284893035889