Arde Bogotá aterriza esta noite no Ouren Sound Fest
A novena edición do Ouren Sound Fest chega por fin ao complexo deportivo de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar, abandonando o seu local tradicional de Bemposta.
Na xornada deste venres, 24 de maio, a música estará a cargo de artistas como Shego, The Rapants, Grande Amore ou Fillas de Cassandra, entre outros artistas. O prato forte espérase pasadas as 23.00 horas cando o grupo murciano Arde Bogotá, un dos máis relevantes no panaroma musical do noso país, sairá ao escenario para cantar os seus mellores temas.
Desde a organización do festival lembran que o cambio do recinto non debería suponer ningún problema para os asistentes xa que atópase prácticamente a mesma distancia do centro da cidade que o recinto anterior. Ademáis, os asistentes ao festival poderán utilizar os buses lanzadeira que proporciona o propio festival e que sairán cada media hora do Parque de San Lázaro.