Armantal celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Carme

OurenseXa
A programación inclúe actos relixiosos, unha pancetada popular e actuacións musicais desde este venres ata o domingo
festas-en-armental-a-peroxa
17 Jul 2026

A localidade de Armantal, no concello da Peroxa, celebrará entre os días 17 e 19 de xullo as festas na honra á Virxe do Carme cun programa que combina celebracións relixiosas, gastronomía popular e actuacións musicais.

As festas arrancarán o venres 17 cunha misa solemne ás 20:00 horas. Unha hora despois celebrarase unha pancetada popular no campo da festa, cun prezo de 10 euros por persoa. A organización lembra que era preciso anotarse antes do 13 de xullo. A xornada rematará cunha verbena amenizada polo trío Vaivén.

O sábado 18 a programación continuará cunha misa solemne ás 13:00 horas, que estará acompañada pola Coral Rondalla Xuntanza dos Pobos. Xa de madrugada, a partir das 00:00 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Nuevo Tango.

As festas concluirán o domingo 19 cunha misa solemne e procesión ás 13:00 horas. Ao remate dos actos relixiosos celebrarase a sesión vermú, que estará amenizada polo dúo Trasnos.

0.13875198364258