Arranca unha nova fase da senda do Barbaña para habilitar un carril bici

OurenseXa
Trátase de continuar os traballos na contorna da rúa Avilés de Taramancos, executando un tramo de 250 metros de carril bici, que se acoutará durante unhas semanas ao paso peonil, de modo que haxa espazo para a maquinaria
8DDD241C-30EE-4E0E-A7E9-0A5CE8DDA160
Senda do Barbaña
23 Sep 2024

A Xunta está a iniciar unha nova fase na execución das obras de remodelación da senda do río Barbaña, para habilitar un carril bici nun treito  do itinerario entre Os Remedios e Expourense.

A través desta nova intervención, no tamén coñecido como paseo do Barbaña, na cidade de Ourense, trátase de continuar os traballos na contorna da rúa Avilés de Taramancos, executando un tramo de 250 metros de carril bici, que se acoutará durante unhas semanas ao paso peonil, de modo que haxa espazo para a maquinaria.

A Xunta de Galicia segue avanzando nas actuacións que se están a desenvolver na nova senda entre Os Remedios e Expourense, tras abrir ao público, o pasado 17 de xullo, o tramo de case dous quilómetros na marxe dereita do río Barbaña de Ourense desde o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal. A posta en servizo permitiu, ademais, a conexión coa senda do río Barbaña conectando Barbadás e Ourense sen pasar por vías de circulación rodada, que tamén está rematada.

As obras da senda do Barbaña forman parte dunha actuación conxunta das consellerías de  Presidencia, Xustiza e Deportes e, de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que suporá un investimento autonómico de 5,4 millóns de euros, con outro traxecto que comunica a estación intermodal coa Ponte Vella a través da avenida de Caldas. Trátase dun  eixo norte-sur de mobilidade peonil e ciclista duns catro quilómetros co obxectivo de conectar distintos puntos de interese da cidade de Ourense. 

Esta actuación enmárcase na Estratexia de Mobilidade que a Xunta está a despregar nas grandes cidades, impulsada polos fondos Next Generation.

O Goberno galego continúa avanzando na conformación dun itinerario que conecte Ourense de norte a sur a través de sendas garantindo unha mobilidade sostible. Unha vez rematados estes 4 quilómetros, sumaranse á actual rede de sendas peonís e ciclistas da cidade conectando os seus principais puntos de interese.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17320799827576