Arrancan as obras de mellora do firme na Avenida de Zamora

OurenseXa
Os traballos conta un ornamento que rolda os 50.000 euros e céntranse no treito final desta avenida da rede viaria autonómica
obras-avenida-de-zamora-ourense
Arrancan os traballos de mellora do firme na Avenida de Zamora, Ourense
29 abr 2024

A Xunta vén de comezar as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no concello de Ourense.

Os traballos, adxudicados á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A., por un investimento que rolda os 50.000 euros, céntranse no treito final desta avenida da rede viaria autonómica, integrada na trama urbana da cidade, que presenta unha capa de rodaxe deteriorada.

As actuacións de acondicionamento localizado do firme executaranse ao longo da xornada de hoxe e de mañá, deixándose pasar uns días para o asentamento do pavimento para a posterior disposición da nova sinalización horizontal.

A actuación está a iniciarse á altura do número 143 da Avenida de Zamora, e desenvolverase ao longo dunha lonxitude duns 270 metros e unha anchura media de calzada de 12 metros.

En concreto, fresaranse 16.200 m2 de pavimento, que se reporán cunha nova capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este ano 53 millones de euros á súa conservación.