Arrancan as 'rutas culturais' da UVigo cunha andaina polas praias do norte de Portugal
As ‘rutas culturais’ da UVigo arrancan este sábado cun percorrido polas praias do norte de Portugal. Será a primeira andaina do curso, que continuará este cuadrimestre o 9 de novembro co itinerario Cultura e Natureza (Montederramo-Macizo Central). Tamén en novembro, o día 30, terá lugar a ruta Camiño Patrimonial e Etnográfico (Silleda-Terras do Deza). Por último, o 14 de decembro realizarase a andaina Sendeirismo Saudable (Nogueira de Ramuín-Ribeira Sacra), que rematará cun magosto.
A actividade é aberta tanto para a comunidade universitaria como para persoas alleas a ela. Os interesados poden inscribirse a través do Campus Activo da UVigo, tendo prioridade o persoal universitario. A programación destas rutas culturais está organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.