Arrancan os motores da V Subida a Taboadela

OurenseXa
As probas arrancan ás 15.00 horas deste sábado e estenderanse ata o mediodía do domingo, provocando restriccións de tráfico na OU-320
Restriccións na OU-320 pola V Subida a Taboadela
17 Ago 2024

A V Subida a Taboadela arranca este sábado a carreira oficial. As probas estenderanse este domingo e obrigarán a pechar a o tráfico na estrada OU-320 no treito que discorre entre a recta de Taboadela e o alto de Taboadela a partir deste sábado, 17 de agosto entre as 13.30 e as 21.00 horas, e o domingo 18 de agosto entre as 7.30 e as 17.00 horas.

Ás 15:00 horas, darase inicio á primeira manga de adestramentos, seguida da primeira e segunda manga da carreira oficial.
Pola súa banda, o domingo, ás 09:00 horas, levarase a cabo a segunda manga de adestramentos, e posteriormente, a terceira e cuarta manga da carreira oficial. A entrega de premios está programada para as 14:30 horas na Praza do Concello, pechando así unha fin de semana de intensa actividade deportiva e automobilística en Taboadela.

 

 

0.1832480430603