Arrancan os preparativos para a V Subida a Taboadela

Con motivo da V Subida a Taboadela Memorial Antonio Adao, a Escudería Taboadela e o Concello informan de que a estrada OU-320 estará pechada ao tráfico no treito que discorre entre a recta de Taboadela e o alto de Taboadela para a realización das probas.
Os peches terán lugar o sábado 17 de agosto entre as 13.30 e as 21.00 horas, e o domingo 18 de agosto entre as 7.30 e as 17.00 horas.
Os cuartéis informativos xa están colocados nos treitos afectados e desde a organización lembran á veciñanza afectada que teña a vivenda na estrada da subida que poden poñerse en contacto coa escudería para programar o acceso ou saída das súas vivendas cos seus vehículos.
Durante o peche da estrada ambos días estará prohibido o acceso de vehículos a piscina municipal, nin se pode aparcar na zona das mesmas. As persoas que queiran acudir as piscinas terán que acceder camiñando e por zonas seguras mentras se disputen as mangas da subida.