Arrancan os traballos de mellora da rúa do Viso, en Barbadás

OurenseXa
Esta actuación forma parte da obra para aumentar a eficiencia do sistema de saneamento da rúa
obras-o-viso-barbadas
Obras na rúa do Viso, en Barbadás
28 Nov 2024

O Concello de Barbadás informa que este mércores deron comezo os traballos para dotar de novo firme á rúa do Viso. Lembran que este supón o lugar de acceso á Valenzá para uns 3.000 veciños e veciñas do municipio.

Esta actuación forma parte da obra para aumentar a eficiencia do sistema de saneamento da rúa. Previamente instaláronse 75 metros de tubaxes e seis pozos para a xestión da auga de chuvia, co obxectivo de evitar que o caudal de auga pluvial afecte a rúa Bernabé a os garaxes da zona, que sufrían inundacións.

0.16751790046692