Arredor de 600 persoas partiparon este ano na XXVII Andaina e no V Trail de Allariz

O Concello de Allariz acolleu a pasad fin de semana celebración da XXVII Andaina e do V Trail de Allariz, unha xornada deportiva que reuniu arredor de 600 persoas, unha cifra que evidencia o gran éxito desta proba.
A organización destacou o alto nivel das persoas participantes e a esixencia técnica das probas, que deixaron distintos momentos de competición ao longo da xornada.
No que respecta ao V Trail de Allariz, no trail longo, na categoría feminina, a primeira posición foi para Olalla Antonio Martínez. Na categoría masculina, o gañador foi Francisco Pascual Fidalgo, seguido de Marcos Antonio Pascual Fidalgo en segunda posición e José Manuel Pérez Rodríguez en terceira.
No trail curto, na categoría feminina, o primeiro posto foi para Cristina Vázquez, seguida de Carolina Otero e Cristina Alonso. Na categoría masculina, o gañador foi Óscar Fernández Paz, acompañado no podio por Marcos Gallego García e David Lorenzo Quiroz.
Desde o Concello de Allariz trasladáronse os parabéns a todas as persoas participantes, tanto ás que acadaron podio como a aquelas que completaron a proba.