Arrolos de Teta conmemora a Semana Mundial da Lactancia Materna con actividades abertas á cidadanía

OurenseXa
A programación inclúe unha “tetada” reivindicativa e unha charla con matronas para promover a lactancia e apoiar ás familias
tetada-grupal-arrolos-de-teta
6 Aug 2026

A asociación Arrolos de Teta participa un ano máis na celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna cun programa de actividades abertas á cidadanía co obxectivo de visibilizar, acompañar e reivindicar a lactancia como un dereito das crianzas e das súas familias.

Ao longo desta semana, o colectivo está a desenvolver diferentes iniciativas en espazos públicos e centros sanitarios de Ourense, promovendo o encontro entre familias e persoas interesadas e dando a coñecer o labor que realiza a asociación.

Entre as actividades previstas figura a “Tetada”, que terá lugar este xoves 6 de agosto ás 18.30 horas nas escaleiras da rúa Bailén. Trátase dunha acción simbólica e reivindicativa coa que Arrolos de Teta busca dar visibilidade á lactancia materna nos espazos públicos.

A programación continuará o venres 7 de agosto cunha palestra aberta titulada “Falamos de lactancia cas matronas”, que se celebrará ás 12.30 horas no Centro de Saúde Novoa Santos. Durante o encontro, profesionais da matronería resolverán dúbidas e compartirán información e coñecementos sobre a lactancia nun espazo aberto á participación.

Desde Arrolos de Teta convidan á cidadanía a sumarse ás actividades organizadas con motivo desta semana conmemorativa e animan tamén aos medios de comunicación a asistir e dar cobertura ás diferentes iniciativas impulsadas pola asociación.

0.13274598121643