As bibliotecas municipais de Ourense continúan co ciclo de contacontos para o verán

OurenseXa
Fraga dos Mouros representará este venres “Alúa, o bosque itinerante” na Biblioteca da Carballeira
biblioteca-libros
13 Aug 2026

As bibliotecas municipales de Ourense continúan este verán coa programación de contacontos dirigida á cativada, unha iniciativa organizada polo Concello en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

A próxima actividade terá lugar na Biblioteca Municipal da Carballeira, situada na Praza do Sagrado Corazón, onde Fraga dos Mouros representará “Alúa, o bosque itinerante”.

As sesións teñen prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden facelo de maneira presencial nas propias bibliotecas ou por teléfono.

O programa continuará o luns 17 de agosto na Biblioteca Municipal de San Francisco coa proposta “Un universo na túa maleta”, a cargo de Ana Meilán.

As seguintes citas serán o venres 21 de agosto na Biblioteca da Carballeira, con “Iguais e diferentes”, de Manuel Solla, e o mércores 26 de agosto na Biblioteca da Ponte, onde Galerna Crúa presentará “Cantos e contos de foresta”. Todas as actividades están programadas para as 11.00 horas.

0.14715194702148