As charlas para familias “Do desacordo ao entendemento na adolescencia” volven en maio a Paderne de Allariz

OurenseXa
A iniciativa céntrase na etapa da adolescencia co obxectivo de mellorar a comprensión e a conexión cos adolescentes
charlas-familias-paderne-de-allariz
20 Apr 2026

Volven a Paderne de Allariz as charlas e obradoiros para familias baixo o título “Do desacordo ao entendemento na adolescencia”, un programa dirixido a nais e pais, profesionais e persoas interesadas na educación ou na crianza

A iniciativa céntrase na etapa da adolescencia co obxectivo de mellorar a comprensión e a conexión cos adolescentes, así como favorecer relacións positivas entre proxenitores e fillos e fillas. A través dunha metodoloxía práctica e participativa, as sesións ofrecerán ferramentas para afrontar os desafíos cotiáns desta etapa.

O programa comezará o 16 de maio ás 10:30 horas coa charla “O cerebro adolescente: é tan diferente ao noso?”, e continuará o 30 de maio á mesma hora con “A linguaxe da motivación como alternativa aos premios e castigos”. Xa no outono, o 10 de outubro ás 10:30 horas abordaranse as “Ferramentas para a conexión cos nosos fillos”, mentres que o 24 de outubro, tamén ás 10:30 horas, pecharase o ciclo cunha sesión centrada na “Prevención e atención fronte á violencia real e dixital”.

A asistencia é gratuíta, aínda que será necesario confirmala a través dos Servizos Sociais do Concello de Paderne de Allariz, no teléfono 988 293 000 ou no correo electrónico servizossociaisconcellodepaderne@hotmail.com.

0.12140703201294