As Escolas Rurais de Saúde chegan en xuño a Pereiro de Aguiar

OurenseXa
Os días 5 e 12 de xuño haberá charlas formativas gratuítas para pacientes vulnerables e persoas coidadoras no Centro de Maiores Os Gozos
escola-rural-de-saude-pereiro
2 Jun 2026

As Escolas Rurais de Saúde, unha iniciativa dirixida a promover a educación sanitaria, o autocoidado e o benestar das persoas maiores e dos pacientes en situación de maior vulnerabilidade, chegan en xuño a Pereiro de Aguiar.

O programa inclúe dúas sesións gratuítas que se desenvolverán no Centro de Maiores Os Gozos. A primeira delas terá lugar o 5 de xuño ás 17:00 horas e estará destinada ao conxunto da cidadanía. A segunda celebrarase o 12 de xuño, tamén ás 17:00 horas, e estará enfocada especificamente a persoas coidadoras.

Estas xornadas formativas buscan ofrecer información práctica, resolver dúbidas habituais relacionadas co coidado da saúde e achegar recomendacións útiles para o día a día, tanto no ámbito doméstico como no acompañamento a persoas dependentes ou con necesidades especiais.

Desde o Concello subliñan que se trata dunha actividade gratuíta pensada para mellorar os coñecementos sanitarios da veciñanza e favorecer hábitos de vida máis saudables.

0.12266492843628