As exposicións de eXXperimenta en Feminino volven a Ourense tras unha xira pola xeografía galega

OurenseXa
Máis de 3500 rapazas e rapaces puideron coñecer biografías de mulleres relevantes no eido STEM ao longo deste curso
Mostra eXXperimenta en feminino
Mostra eXXperimenta en Feminino
8 Xul 2024

As exposicións divulgativas do colectivo eXXperimenta en Feminino da UVigo (composto por profesoras e investigadoras de Ciencias, Enxeñaría Informática e Aeroespacial) rematan o seu periplo pola xeografía galega e volven ao campus de Ourense, informan desde a UVigo.

Ao longo deste curso as mostras As mulleres que nos levaron á lúa e Mulleres na ciencia percorreron 18 centros educativos e outras entidades co obxectivo de espertar en rapazas e rapaces a vocación científica e suplir a carencia de referentes femininos no campo STEM. Máis de 3.500 persoas puideron gozar destas exposicións que pasaron durante este curso polos institutos de Educación Secundaria Carlos Casares, de Viana do Bolo; As Barxas, de Moaña; Leliadoura, de Ribeira; Allariz; Urbano Lugrís, de Malpica; Maximino Romero de Lema, de Baio; Fonmiñá, da Pastoriza; Brión; Eduardo Blanco Amor, de Ourense; Xograr Afonso Gómez, de Sarria; Virxe do Mar, de Noia, e Castelao, de Vigo. Ademais,  foi exposta no Colexio Pablo VI, da Rúa, e no CIFP Manuel Antonio, de Vigo.

 

0.076757907867432