As Festas da Follateira regresan esta fin de semana

As Festas da Follateira 2025 celebraranse entre o 8 e o 10 de maio de 2026 cun completo programa de actividades que comezarán o venres ás 19:00 horas cun pasarrúas a cargo das charangas BCB e Achicoria, que animarán as primeiras horas da celebración. Pola noite, a partir das 23:30 horas, terá lugar a primeira gran verbena coa orquestra París de Noia na Avenida Otero Pedrayo, seguida dunha sesión de disco móbil.
O sábado 9 de maio estará marcado por unha intensa xornada festiva. Á mañá, ás 11:00 horas, haberá pasarrúas coa charanga El Tattoo e os grupos de gaitas Chimpafigos e Airiños de Caldelas. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, celebrarase a festa infantil nas Istas Bermellas, na Avenida Otero Pedrayo. Ás 19:00 horas será a quenda do grupo Xoldra na Avenida de Bos Aires. A xornada pecharase ás 23:00 horas cunha verbena coa orquestra Kubo e tres pases da disco móbil Gramola.
O domingo 10 de maio comezará tamén ás 11:00 horas cun novo pasarrúas, desta vez coa charanga Nova de Trives xunto cos grupos de gaitas Chimpafigos e Airiños de Caldelas. Nesa mesma mañá celebrarase ademais a primeira concentración de coches clásicos e vespas na Avenida de Bos Aires. Pola tarde, ás 19:30 horas, a orquestra Escaparate será a encargada de poñer o broche final ás festas.