As Festas da Ponte arrancan este mércores coa actuación da orquestra Olympus

OurenseXa
Os festexos estenderanse ata o domingo, 28 de xullo, coas orquestras como as grandes protagonistas desta edición de 2024
Fogos artificiais
24 Jul 2024

O barrio da Ponte prepárase para o comezo das súas festas tradicionais, unha das máis multitudinarias da  cidade de Ourense e que arrancan este mércores, 24 de xullo, coa actuación da orquestra Olympus.

Os festexos estenderanse ata o domingo, 28 de xullo, e estarán marcados principalmente polas actuación musicais previstas durante as catro xornadas nas que as orquestras serán as grandes protagonistas da noite ourensá. Ademáis, haberá atraccións para os máis pequenos e a tradicional tirada de fogos artificiais prevista para o xoves, 25 de xullo.

Programa completo das Festas da Ponte 2024

Mércores, 24 de xullo

  • Actuación da orquestra Olympus entre as 23.00 e as 02.00 horas
  • The Bridgte Fest (Gramola DJ) entre as 00.00 e as 04.00 horas

Xoves, 25 de xullo

  • Actuación da Orquestra New York entre as 20.45 e as 23.45  horas
  • Tirada de Fogos Artificais as 23.59 horas

Venres, 26 de xullo

  • Actuación da orquestra Furia Joven entre as 23.00 e as 02.00 horas
  • Disco CDC entre as 23.59 e as 04.00 horas

Sábado, 27 de xullo

  • Actuación do grupo ourensán Tatto entre as 23.00 e as 02.00 horas
  • Actuación de  A Gramola entre as 23.59 e as 04.00 horas

Domingo, 28 de xullo

  • Día do neno con prezos reducidos nas atraccións
0.17298984527588