As Festas da Ponte provocarán cambios nos buses urbanos

O Concello de Ourense informa ás persoas usuarias do transporte urbano dos cambios que afectarán aos percorridos das liñas de autobús con motivo das Festas de A Ponte. As modificacións aplicaranse desde o xoves 23 ata o domingo 26 de xullo, debido aos cortes de tráfico previstos en diferentes rúas da zona.
O xoves 23 de xullo permanecerá cortado ao tráfico o tramo da rúa Basilio Álvarez comprendido entre a avenida das Caldas e a rúa Xesús Pousa. A liña 12 “Fechos-Fonsillón-Rabo de Galo-Mende” manterá o percorrido en sentido centro cidade, mentres que en sentido Fechos circulará desde a rúa Francisca Herrera polas rúas Vicente Risco e avenida de Marín.
O venres 24 de xullo continuarán os cortes na rúa Basilio Álvarez e, a partir das 16.30 horas, tamén quedará restrinxida a circulación na rúa Vicente Risco. As liñas 1 “6º Instituto-Berrocas”, 2 “Covadonga-Berrocas”, 13 “Universidad Laboral (Cuña)-Palmes” e 14A “Valdorregueiro-Universidad Laboral (Cuña)” modificarán os seus percorridos pola avenida de Santiago, Rey Soto, avenida de Marín, rúa Eulogio Gómez Franqueira e Río Arnoia.
Tamén se verán afectadas as liñas 3 “Santa Cruz-Cumial”, 4 “Eirasvedras-Antiga Estación Bus-Seixalbo”, 6 “Antiga Estación Bus-Curuxeiras”, 7 “Cudeiro-Valenza”, 9 “Chavasqueira-Cemiterio de Velle”, 12 e 14B “Berrocas-Antiga Estación de Autobuses”, que realizarán percorridos alternativos por Xesús Pousa, N-120, avenida de Marín, avenida das Caldas e Río Arnoia en función do sentido de circulación.
O sábado 25 de xullo, a avenida de Santiago quedará cortada ao tráfico a partir das 15.00 horas. Entre as 15.00 e as 17.00 horas, as liñas 1, 2 e 13 circularán en sentido centro cidade por Río Arnoia, Eulogio Gómez Franqueira, avenida das Caldas e Vicente Risco, mentres que en sentido saída cidade circularán pola avenida de Marín, Eulogio Gómez Franqueira e Río Arnoia.
A partir das 17.00 horas, estas mesmas liñas modificarán o percorrido en sentido centro cidade pasando por Río Arnoia, N-120, Xesús Pousa e avenida das Caldas, e en sentido saída cidade por avenida de Marín, Xesús Pousa, N-120 e Río Arnoia.
Durante esa xornada tamén haberá cortes na avenida das Caldas e Vicente Risco pola procesión en honra ao Apóstolo Santiago, prevista a partir das 12.00 horas, así como na rúa Eulogio Gómez Franqueira desde as 17.00 horas ata as 03.00 horas.
O domingo 26 de xullo manteranse novas modificacións debido aos cortes na rúa Vicente Risco desde as 15.00 horas e na rúa Eulogio Gómez Franqueira desde as 17.00 ata as 00.00 horas. As liñas 1, 2 e 13 circularán pola avenida de Santiago, Rey Soto e avenida de Marín, mentres que outras liñas como a 3, 4, 6, 7 e 9 tamén adaptarán os seus percorridos pola zona de Xesús Pousa, N-120, avenida de Marín e Río Arnoia.
O Concello recomenda ás persoas usuarias do transporte urbano consultar os cambios previstos e planificar os desprazamentos con antelación durante a celebración das Festas de A Ponte.