As Festas da Valenzá contarán este ano cun Punto Violeta
O Concello de Barbadás aposta por unhas festas libres de violencia de xénero coa instalación dun punto violeta durante as Festas da Valenzá, que comezan esta fin de semana. A carpa instalarse no Parque da Liberdade dende este sábado, 8 de xuño.
O programa destas festas arranca o venres, 7 de xuño, coas actuacións da escola de baile Móvete Galicia, que actuará ás 21.30 horas na palco da orquestra, e a verbena Yukatan, que animará a noite na avenida de Celanova.
O sábado, as actividades comenzarán xa a mediodía coa actuación da Banda de Música Cultural de Barbadás. Pola noite, a partir das 21.00 horas, a música estará a cargo de artistas como DavidVS e NTW ENDIII e, as 23.00 horas, o Parque da Liberdade acollerá o espectáculo "A Valenzá Festival", que contará coas actuacións da discomóbil A Gramola e DJ como a Juanjo García, Omy Cid, Samu Pexe, Eric García, Marcos Gramola e Adri V.
Para a noite do domingo a festa estará a cargo da orquestra Verano Azul, mentres que o luns, a discomóbil Tosho Events será a encargada de poñer o peche final a estas festas, que tamén contarán cunha sesión de karaoke.