As 'Mañás de Verán' poñen fin á edición de 2024
Dende o luns 24 de xuño ata hoxe ,venres 26 de xullo, a Asociación Xuvenil Amencer, levou a cabo a décimo novena edición da actividade 'Mañás de verán', que ten como destinatarios a rapazada dende os 3 ate os 14 anos de idade, e que dura cinco semanas: desde a última semana do mes de xuño e as catro primeiras semanas do mes de xullo, de luns a venres, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas. O lugar onde se desenvolveron as actividades foi nas instalacións do colexio salesiano María Auxiliadora de Ourense. Tamén ofertouse o servizo opcional de madrugadores de 7:45 a 9 horas e o do comedor ou friameira de 14 a 15:15 hoas, alongando así o horario de Mañás de Verán desde as 7:45 ata ás 15:15 horas.
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos participantes, propiciar a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do colexio fóra do horario escolar.
O tipo de actividades que se levaron a cabo durante estes días foron entre outras, educación emocional, obradoiros, actividades de animación á lectura, piscina, xincana de auga, deportes, xogos musicais, ciencia e cociña divertida, arte, teatro, ademais de que os rapaces/zas poderán gozar dunha saída ó parque Miño para os máis pequenos e para os maiores en diferentes días.