As mulleres de Ourense saen á rúa esta tarde para defender os seus direitos

A Marcha Mundial das Mulleres en Galicia convoca este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha manifestación baixo o lema "feminismo organizado para varrer o patriarcado".
A marcha ten previsto arrancar ás 20.00 horas no Parque de San Lázaro será a manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, que arrancará ás 20.00 no Parque de San Lázaro, diante da Subdelegación do Goberno, onde terá lugar a Lectura de Manifesto.
A marea morada percorrerá as rúas Xoan XXIII e Progreso ata rematar na Praza Maior, fronte a Concello de Ourense.
A manifestación obrigará a pechar ao tráfico a rúa Curros Enríquez no tramo comprendido entre Xoán XXIII e a Avenida da Habana.