As piscinas municipais da Peroxa abren as súas portas

OurenseXa
As instalacións estarán abertas durante toda a semana en horario ininterrumpido entre as 12.00 e as 21.00 horas
Piscinas A Peroxa
Piscinas A Peroxa
6 Xul 2024

O Concello da Peroxa abre ao público as instalacións das piscinas municipais a partir deste sábado, 6 de xuño, e ata o vindeiro mes de setembro.

As instalacións estarán abertas durante toda a semana en horario ininterrumpido entre as 12.00 e as 21.00 horas.

O acceso, como vén sendo habitual, será  libre e gratuito tanto para a veciñanza do concello como para o resto de visitantes.

A Peroxa dá comezo así á tempada de verán, como xa o levan facendo desde o pasado 1 de xullo outros concellos da comarca como Esgos, Pereiro de Aguiar, A Merca ou Toén, entre otros.

0.19237899780273