As piscinas municipais de Amoeiro permanecerán abertas ata o 6 de setembro con acceso gratuíto

OurenseXa
O complexo ofrece tamén distintos servizos de balde, entre eles unha cancha de tenis e fútbol sala, ademais dunha zona de lecer con oito grelladas e merendeiros
Piscinas de Amoeiro
11 Jul 2026

O Concello de Amoeiro mantén aberta a tempada de verán nas súas piscinas municipais, que permanecerán en funcionamento ata o vindeiro 6 de setembro. O horario de apertura ao público será todos os días de 13.00 a 21.00 horas, con entrada gratuíta para todas as persoas usuarias.

O complexo ofrece tamén distintos servizos de balde, entre eles unha cancha de tenis e fútbol sala, ademais dunha zona de lecer con oito grelladas e merendeiros, pensada para o desfrute de familias e grupos.

As instalacións dispoñen de vestiarios con duchas e aseos, así como dun dispositivo de seguridade formado por dous socorristas e unha caixa de primeiros auxilios, co obxectivo de garantir a atención e a seguridade dos bañistas durante toda a tempada.

0.13656306266785