As piscinas municipais de Taboadela acollerán o 31 de xullo unha White Party Night con entrada gratuíta

O Bar das Piscinas de Taboadela organiza para o vindeiro venres 31 de xullo a White Party Night, unha festa de temática ibicenca que se celebrará nas instalacións das piscinas municipais.
A cita comezará ás 22.30 horas e contará coa actuación de DMR e a súa discoteca móbil, que amenizarán a noite con música e baile.
A organización anima ás persoas asistentes a acudir vestidas de branco para seguir a temática da festa. A entrada será gratuíta.