As rapazas de Sincro Ourense acadan a cuarta posición no Campionato de España Absoluto de Natación Sincronizada

OurenseXa
O Club Sincro Ourense acadou un total de 727.0755 puntos durante o Campionato de España Absoluto de Natación Sincronizada celebrado en Oviedo
Imaxe de Sincro Ourense
Imaxe de Sincro Ourense
8 Xul 2024

O Club de Natación Sincronizada Sincro Ourense remata unha tempada chea de éxitos tras conseguir a cuarta posición no Campionato de España Absoluto de Natación Sincronizada que tivo lugar en Oviedo durante esta fin de semana.

Cun total de 727.0755 puntos, as rapazas do club ourensán quedaron en cuarto lugar por detrás do C.N Kalliapolis, o A.D. Sincro Retiro e o C.N Sincro Sevilla, que obtivo a vitoria con 1,063.2405 puntos.

0.18193912506104