As Xornadas de Folclore achéganse esta tarde a Allariz e Maceda

OurenseXa
Ecuador, Serbia e Taiwán actuarán no Campo da Barreira, na capela de San Bieito de Allariz, mentres que Armenia, México e Senegal estarán na Rúa do Toural de Maceda, ás 22.30 horas
xornadas-de-folclore-2025
13 Aug 2026

As XLI Xornadas de Folclore da Deputación de Ourense continuarán este xoves 13 de agosto con dúas novas citas en Allariz e Maceda. As actuacións permitirán ao público achegarse ás tradicións musicais e coreográficas de diferentes puntos do mundo e, como no resto do programa, terán acceso gratuíto.

En Allariz, o Festival celebrarase no Campo da Barreira, na capela de San Bieito, a partir das 22.30 horas. Neste escenario actuarán os grupos de Ecuador, Serbia e Taiwán.

Pola súa banda, a Rúa do Toural de Maceda acollerá tamén ás 22.30 horas as actuacións das formacións procedentes de Armenia, México e Senegal.

As Xornadas de Folclore celebran este ano a súa XLI edición e, ao longo dos seus 41 anos de historia, levaron aos escenarios da provincia agrupacións procedentes de máis dun cento de países dos cinco continentes. O programa achega ao público ourensán diferentes expresións culturais a través da música, a danza e as tradicións populares de distintos territorios.

0.13286113739014