Aspanas abre o seu mercadiño solidario de Nadal no centro comercial Pontevella

OurenseXa
A iniciativa permanecerá aberta ao público ata o vindeiro venres na segunda planta do centro comercial
Aspanas mercadiño Nadal Ourense 2026
23 Nov 2026

A Asociación para Persoas con Discapacidade Intelectual Aspanas puxo en marcha o seu mercadiño solidario de Nadal, instalado no centro comercial Pontevella. A inauguración tivo lugar este mediodía e contou coa presenza de representantes de distintas forzas políticas, que se achegaron a coñecer a iniciativa.

O espazo, situado na segunda planta do centro comercial, fronte ás escaleiras mecánicas de acceso á terceira planta, estará aberto ao público ata o vindeiro venres, 27 de novembro.

Con esta proposta, Aspanas busca, como en edicións anteriores, achegar os seus produtos de Nadal aos visitantes do centro comercial e dar a coñecer o traballo que a entidade desenvolve ao longo do ano. O mercadiño enmárcase nas actividades que distintas asociacións e colectivos sociais organizan nestas datas para recadar fondos e reforzar a súa presenza na cidade durante a campaña de Nadal.

0.16275119781494