Avante Ourense pide frear a árbore de Nadal para protexer a Fonte de Oseira

Avante Ourense rexistrou unha solicitude no Concello para reclamar a paralización preventiva da montaxe da árbore de Nadal na praza Bispo Cesáreo e a adopción de medidas que garantan a protección da Fonte de Oseira, así como dos bancos históricos e do pavimento.
A formación lembra que en 2023 xa se produciron danos nos bancos de pedra e no chan da praza durante os traballos de instalación da decoración navideña. Por iso, solicita que se comproben as autorizacións e garantías técnicas antes de continuar coa montaxe, que se estude unha localización alternativa e que se fagan públicas as medidas previstas para preservar o patrimonio.
O coordinador de Avante Ourense, Francisco Diéguez, defende que a celebración do Nadal é compatible coa conservación dos elementos históricos da cidade. Ademais, subliña que a Fonte de Oseira está pendente da súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), polo que considera necesario extremar as precaucións.
"Non estamos en contra do Nadal nin de que Ourense teña unha decoración atractiva. O que non podemos aceptar é que se poña en risco o noso patrimonio cando existen alternativas para instalar a árbore noutro lugar", afirma Diéguez, que reclama "sentido común, prevención e respecto pola historia de Ourense".