Avanzan as obras na Calzada Romana de Barbadás
OurenseXa
Os traballos teñen como fin mellorar a seguridade e facilitar a mobilidiade
Obras na Calzada Romana de Barbadás
28 Nov 2024
As obras da Calzada Romana de Barbadás “avanzan a bo ritmo”, segundo informan dende o Concello, “mudando o aspecto da rúa e, sobre todo, mellorando a súa seguridade e facilitando a mobilidade, especialmente pensando nas persoas que utilizan cadeiras de rodas ou se desprazan con cadeiras de bebés”.
O obxectivo da actuación é rematar as beirarrúas en algúns tramos, colocando 157 metros cadrados de baldosas e 300 metros de varanda. No proxecto tamén se inclúe a limpeza e roza do camiño que comunica a Rúa Calzada Romana coa rúa Porto do Río, co fin de facer un novo e facilitar a accesibilidade. Realizarase tamén pendentes para as persoas con mobilidade reducida.