Avión emitirá este venres unha nova sesión de cine de verán ao aire libre

O Concello de Avión súmase un ano máis á iniciativa Cine na Rúa cunha nova sesión de cine de verán ao aire libre. A cita será o venres 21 de agosto, a partir das 22.00 horas, na Praza do Concello.
Nesta ocasión, o público poderá gozar da película 'Rondallas', dirixida por Daniel Sánchez Arévalo, unha longametraxe pensada para ver en boa compañía e que aborda, segundo destaca a organización, temas como a ilusión, a amizade e a forza dun pobo para facer realidade os seus soños.
A proxección incluirá, ademais, mensaxes informativas e de sensibilización da Asociación Española Contra o Cancro.
A actividade conta co respaldo da Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Xacobeo 2027, a Deputación de Ourense e o propio Concello de Avión, e enmárcase na programación de cinemanarua.com, que percorre distintos concellos galegos con propostas de cine ao aire libre durante os meses de verán.