Baños de Molgas celebrará o 1 de agosto unha Cea Popular con churrasco e música en directo

OurenseXa
As entradas xa están á venda nos bares da vila
cea-popular-baños-de-molgas
12 Jul 2026

O Concello de Baños de Molgas organiza o vindeiro sábado 1 de agosto unha nova edición da Cea Popular 2026, unha cita gastronómica e festiva aberta á veciñanza e ás persoas visitantes.

O menú estará composto por empanada variada, lacón braseado, churrasco mixto con ensalada, ademais de viño tinto e branco, gaseosa, auga e Coca-Cola. Como sobremesa servirase bica, acompañada de café e chupitos.

O prezo da cea, sen carpa, será de 23 euros para as persoas adultas e de 12 euros para os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, mentres que os menores de 4 anos poderán asistir de balde. Os tickets xa están á venda nos bares da vila.

A programación completarase cunha proposta musical, xa que ás 22.30 horas dará comezo Son do Arnoia, que será o encargado de poñer o broche final á xornada festiva.

0.13441109657288