Baños de Molgas mellora as infraestruturas

OurenseXa
Esta semana remataron os traballos de mellora do firme en varias estradas do concello, así como o cambio de cuberta do polideportivo, entre outras actuacións
Luis Menor e Manuel Ángel Movilla supervisan as obras en Baños de Molgas
Luis Menor e Manuel Ángel Movilla supervisan as obras en Baños de Molgas
6 Dec 2024

Esta semana, o Concello de Baños de Molgas deu por finalizados os traballos de rexeneración de firmes en Almoite (1ªfase), San Pedro, Nogueira de Abaixo e Presqueira , cun orzamento de 80.800 euros, e o bombeo en San Pedro para mellorar o saneamento, cun orzamento de 30.000 euros. Os traballos foron posibles grazas a colaboración da Deputación de Ourense, a través do programa CooperOU.

Ademais, remataron tamén os traballos de mellora das infraestruturas en Bouzas, Xocín, A Venda e Alvite cun investimento total de 35.8398 euros finaciadas na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Remataron tamén as obras en Poedo, Cardoeiro e a primeira fase da reparación da estrada Baños de Molgas – Os Milagres consistente en mellorar a canalización das augas que afectan á mesma e supoñían un perigo para a circulación. Todas elas forman parte da primeira anualidade do Plan Marco 24 -25 cun orzamento total de 31.572,54 euros.

Por outro lado, tamén levouse a cabo o cambio da cuberta do polideportivo cun orzamento total de 60.000 euros financiada pola Xunta de Galicia.

Dende o Concello informan de que actualmente está en execución a segunda fase de Humanización de Suatorre, cun orzamento de 12.190 euros, e adxudicada a de Humanización en Meamán, cun orzamento de 47.810 euros.

⚙ Configurar cookies
0.39432191848755