Baños de Molgas organiza unha clase de Zumba este sábado

OurenseXa
A sesión está pensada para todas as idades, que deberán inscribirse previamente
zumba-2
23 Apr 2026

O Concello de Baños de Molgas organiza unha nova actividade dentro do seu programa de dinamización, cunha proposta centrada no deporte, o lecer e a participación veciñal. Trátase dun taller de baile aeróbico Zumba, unha sesión pensada para todas as idades que combinará exercicio físico, música e bo ambiente.

A actividade celebrarase o sábado 25 de abril, entre as 11:00 e as 12:00 horas, no pavillón deportivo do municipio. Desde a organización destacan que será unha sesión chea de enerxía e dirixida a promover hábitos saudables e o desfrute compartido entre a veciñanza. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 988 430 000.

0.12929081916809