Baños de Molgas organiza unhas xornadas con motivo do Día da Xuventude

OurenseXa
As xornadas terán lugar o 4 de xullo, Día Internacional da Xuventude, e serán de carácter gratuito para a mocidade
dia-da-xuventude
Cartel do Día da Xuventude de Baños de Molgas
5 Maio 2024

O Concello de Baños de Molgas organizará unha serie de actividades enfocadas á mocidade con motivo do ía Internacional da Xuventude, que se celebra o 4 de xullo.

Os rapaces e rapazas interesados en participar nestas xornadas poderán anotarse de forma totalmente gratuita. As actividades estarán enfocadas á gastronomía saudable, a información xuvenil, a sensibilización medioambiental, a igualdade de xénero e a empregabilidade, todas elas enfocadas dunha forma amena a través de logos educativos e talleres dinámicos. Ademais, ao longo de toda a xornada, haberá distintas actuacións musicais.

0.17703890800476