Baños de Molgas será o escenario do encontro das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia

OurenseXa
A cita celebrarase o sábado 27 de xuño de 2026 e reunirá a decenas de voluntarios e agrupacións nunha xornada de convivencia e recoñecemento ao seu labor
Membros de Protección Civil de Ourense conmemoran o Día do Voluntario
26 May 2026

O Concello de Baños de Molgas converterase en 2026 no punto de encontro das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de toda a provincia de Ourense cun evento que reunirá a decenas de voluntarios e agrupacións nunha xornada de convivencia e recoñecemento ao seu labor.

A cita celebrarase o sábado 27 de xuño de 2026 no municipio ourensán e servirá para poñer en valor o traballo que desenvolven os voluntarios de Protección Civil nos distintos concellos da provincia.

Desde a organización destacan que o encontro estará centrado na unión, a convivencia e o recoñecemento ao labor “imprescindible” que realizan estas agrupacións.

As inscricións para participar no evento abriranse proximamente.

0.14480113983154