Barbadás abre a convocatoria de axudas para libros e material escolar de Educación Infantil

OurenseXa
O prazo para solicitar as subvencións, de ata 100 euros por alumno, permanecerá aberto durante un mes tras a súa publicación no boletín provincial
concello_barbadas_recurso
4 Sep 2026

Deuse a coñecer o extracto das bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas económicas para a adquisición de libros e material didáctico destinadas ao alumnado de Educación Infantil durante o curso 2026-2027. O texto íntegro das bases pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións, en cumprimento do establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Obxecto da axuda
Estas subvencións teñen como finalidade facilitar o acceso a libros e material didáctico ao alumnado de Educación Infantil escolarizado no Concello de Barbadás.

Contía
A axuda económica que pode percibir cada beneficiario terá como límite máximo os 100 euros, coas limitacións recollidas nas bases reguladoras.

Beneficiarios
Poderán acceder a estas axudas as unidades de convivencia cuxos ingresos non superen os 5.700 euros netos por membro da unidade familiar.

Deberes
As persoas beneficiarias deberán cumprir, con carácter xeral, as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ademais do resto de obrigas derivadas da normativa vixente en materia de subvencións.

Prazo de solicitude
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación desta convocatoria e estenderase durante un mes.

0.14641904830933