Barbadás acada a cifra de habitantes máis alta dende que hay rexistros

OurenseXa
Barbadás rompeu o seu teito de poboación no 2023, alcanzando un total de 11.171 habitantes
barbadas_poboacion
Barbadás acada a cifra de habitantes máis alta dende que hay rexistros
10 mar 2024

Barbadás rompeu o seu teito de poboación no 2023, alcanzando un total de 11.171 habitantes, a cifra máis alta desde que se rexistran no Instituto Nacional de Estatística. Este dato non sería unha realidade sen esfórzoo do goberno local por implantar políticas sociais, de conciliación, deportivas e culturais. Os novos veciños e veciñas de menor idade son obxecto dunha benvida especial e así onte foron recibidos na Biblioteca Municipal os 13 nenos de 0 a 3 anos empadroados no concello desde o mes de xaneiro. A iniciativa repetirase cada dous meses.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Educación, Marga Pérez, recibiron aos nenos e nenas e entregáronlles unha caixa con agasallos de benvida que inclúe contos, entre outros agasallos, e a folla de inscrición como novo socio da biblioteca. Tamén explicaron ás familias que a iniciativa se desenvolve desde o ano pasado co obxectivo de fomentar o empadroamento en Barbadás e inculcar a paixón pola lectura entre os máis pequenos. O comercio local tamén colabora ofrecendo descontos especiais aos novos veciños e veciñas.

Preto de medio cento de caixas repartidas desde o 2023

“Os pés máis pequenos fan a pegada máis grande nolos nosos corazóns. Bienvenido ao noso pequeno fogar”. Este é a mensaxe de benvida das caixas que o Concello de Barbadás entrega aos nenos e nenas empadroados de entre 0 e 3 anos. Desde o 2023 repartíronse case medio centenar destas caixas coa que o Concello tamén fai unha aposta decidida para fomentar a lectura entre os máis pequenos e achegar a biblioteca a todos os fogares.