Barbadás acolle a estrea da obra “Entre aceite e auga” da compañía local The-Sastre

OurenseXa
Será esta tarde na Casa da Cultura Manuel María
entre-aeite-e-auga
8 May 2026

O municipio de Barbadás será escenario este venres da estrea da nova produción teatral “Entre aceite e auga”, a cargo da compañía local The-Sastre. Trátase dunha comedia que aborda xogos de poder e conflitos persoais, nos que o desexo e a necesidade de recoñecemento se poñen en xogo sobre o escenario.

A representación terá lugar esta tarde ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

0.13305401802063